De Skacha
Isto é todo, amigos.
Despois de 20 anos na estrada anunciamos un parón indefinido.
É unha decisión moi meditada e nada doada, pero debido ás circunstancias da vida temos que tomar esta triste decisión.
Sabemos que é moi probable que algún dia coincidamos no espazo tempo e fagamos algunha reunión menos ou máis puntual, pois levamos Skacha moi dentro.
Non queremos que sexa un punto final, e tampouco pretendemos facer disto unha traxedia, posto que seguiremos/seguiredes desfrutando doutros proxectos nos que participamos en maior ou menor medida.
Só nos queda saudar a toda a xente que coñecemos ao longo de toda a xeografía estatal así como a tódalas bandas e profesionais cos que compartimos furgoneta, escenarios e festas.
Graciñas!
SEMPRE CEIBES.